miércoles, 14 de marzo de 2012

Unha morte moi anunciada

Estos días estou  a facer un curso de Moodle na plataforma de formación do profesorado Platega.

O obxectivo último é o de adquirir os coñecementos e a práctica axeitada para seres quen de diseñar e por en marcha a nosa aula virtual para unha determinada clase.

Compre decir que non é moi difícil dominar o básico para poder facer iso.

O caso é que entre as distintas ferramentas de podemos dispor na aula, lóxicamente están os foros.

Unha das actividades é crear unuha nova discusión nun  foro para que cada participante aporte o que pense.

Vos poño exactamente a discusión que puxen xa que creo que ten miga para participar e opinar

 Título:Redes sociais, educación tradicional vs aprendizaxe colaborativo

O nome da discusión tiña por obxectivo que vos inpactara para animarvos a entrar e lóxicamente participar.
Que o modelo tradicional de encerado, tiza, explicacións paternalistas, libro de texto, etc está morto e enterrado ainda que algúns queiran mirar para outro lado non é o obxectivo desta discusión.
O que non o teña claro pode cambiar de foro.
O tema aquí é reflexionar ou propoñer alternativas para incorporar o potencial das redes sociais ó proceso de ensinanza-aprendizaxe.
Cómo aproveitar a axilidade, coste cero e sobre todo mellor aceptación por parte dos nosos alumnos da mensaxería dos móviles cando en case calquera centro o emprego dentro do recinto non está permitido?
O impacto das redes sociais é bestial e deberíamos, como docentes, sacarlle proveito a unha ferramenta coa que o noso alumnado se sente moi cómodos xa que naceron con elas.
Moitos expertos consideran que incluso ferramentas coma as aulas virtuais coma esta ou as que nós podamos crear serán un método obsoleto en pouco tempo.
A realidade hoxe é que podes mandar a tarefa mediante unha menxase con referencia a algún arquivo ou blog e o alumno o pode compartir , comentar, ou mandarche a súa solución e todo iso sen as estructuras ríxidas da aula.
Lóxicamente as posibilidades son infinitas e dependerán do profesor, da materia e tamén do tipo de alumnado.
A parte positiva( ou negativa?) é a globalización do coñecemento. Calquera con un móvil e conexión a internet pode saber máis que calquera profesor sobre calquera tema.
O ensino non pretenderá poís a repetición dun coñecemento adquirible en segundos en calquera lado.
A formación na colaboración, na análise reflexiva para, en base a unhas situacións, determinar a mellor resposta posible, a procura do ben común e da  responsabilidade compartida, etc son os retos da educación do século XXI.


Xa sabedesque me gusta a polémica, así que darlle brasa.

¿Quen se apunta?

No hay comentarios:

Publicar un comentario