miércoles, 18 de abril de 2012

As posibilidades das WIKIS

Onte no  Centro de supercomputación de Galicia(CESGA) con sede en Santiago iniciamos o proxecto Wikiskills no que participan persoas de varios países co obxectivo de difundir e animar ó emprego da ferramenta WIKI en calquera ámbito social, como pode ser a educación, laboral, etc.

Realmente o que se puxo de manifesto nesta primeira reunión é que estamos a falar dunha ferramenta moi versátil e accesible, sempre que teñamos conexión a Internet para calquera.

A vantaxe fronte a outras alternativas é a posibilidade de modificación por parte de calquera membro.

O exemplo máis coñecido actualmente é de seguro a WIKIPEDIA, actualmente unha enciclopedia con un prestixio recoñecido e unha taxa de erros equiparable (hai estudos feitos) á famosa enciclopedia Británica.

Calquera pode participar no  seu crecemento e dispoñemos dun menú de axuda que nos permite coñecer algúns criterior para indicar categorías, etc.

Igual de importante para nós debería ser a Galipedia, é decir, a versión galega.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Portada

Creo que sería estupendo que todos puxéramos un pouco do noso tempo para facer aportacións e ampliar os contidos da mesma

No hay comentarios:

Publicar un comentario