Xa teño posto por algún perfil que a xestión de calidade é un tema que me interesa dende fai varios anos e que teño o título de "Experto en Gestión de Calidad y Control de Calidad" de la UNED.
A idea é que neste blog vaian aparecendo tamén entradas relacionadas con este tema, especialmente polo feito de que van ser documentos moi empregados antes, durante e logo da implantación dun Sistema de Xestión de Calidade(SXC) en calquera organización.
Como inicio da saga vos deixo un primeiro documento sacado de "traducir" algún texto atopado na rede.
https://www.sugarsync.com/pf/D6794841_2179696_932521
Por certo aproveito para recomendar o sugarsync para dispor de 5 Gb de disco duro de gratis na nube.
Recordade que o obxectivo é a mellora colectiva para o que é precisa a participación, a colaboración con propostas, ideas ou puntos de vista diferentes.
Dende agora vos digo que a filosofía deste blogero vai ser a de "escoitar moito" e falar o xusto.
Espero as vosas propostas ou ideas do que vos gustaría que víramos xa que isto da xestión de calidade é un mundo
No hay comentarios:
Publicar un comentario